Anímovos a todos e todas a ver a película El Escritor (The Ghost Writer), de Roman Polanski.
É unha obra impresionante, un thriller que non deixa respirar, unhas actuacións inquedantes, e algún personaxe que aínda latexa na miña memoria... Cine de verdade, que nos fai reflexionar sobre os diferentes aspectos das persoas, que nos demostra que nunca chegaremos a coñecer a ninguén en todas as súas dimensións. Aí radica a capacidade de sedución dos personaxes.
30 mar 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Cómpre recordar, Laura, que no xénero do thriller, Polanski xa dera mostras con Frenético dunha altura maxistral.
ResponderEliminarA admiración pola obra de Polanski é algo fácil de compartir. Esperemos que o seu espíritu non decaiga por mor do que lle está a suceder e siga aportando obras únicas co seu selo tan persoal.