Rescato un fragmento dunha entrevista publicada esta fin de semana en El País á arquitecta Blanca Lleó, porque hai algunhas declaracións que me resultan moi significativas e que se refiren á escasa presenza da muller nas cátedras universitarias:
Lleó es profesora titular en la Escuela de Arquitectura de Madrid de la asignatura de Proyectos, que junto con Urbanismo son los huesos de la carrera. Titulares de estas materias existen muy pocas en España, pero es que catedrática no hay ninguna. Por eso compañeros y ex maestros la han animado a que se presente a la cátedra. "Me cuentan que en Pediatría tampoco existen catedráticas y, peor aún, ni en Obstetricia y Ginecología; esto sí que deja perpleja y es un derroche de energía insostenible. En las aulas la mitad del alumnado son mujeres y ese número no se refleja en las categorías superiores. Catedráticas en todas las carreras sólo son el 14% y en Arquitectura, el 7%".
Acabó la carrera con 24 años y llegó a la docencia de la mano de Sáenz de Oiza ("fui su discípula y me respaldó mucho") y Moneo. Pero ante su nueva odisea siente cierto miedo escénico. ¿A qué? "A la inercia que nos rodea, a meterme en un territorio que no es nuestro... En realidad no es ningún planazo y me gustaría que otras también se animaran a poner en valor su talento, no quiero ser una pieza rara y me gusta pensar que no lo hago en solitario".
Neste mesmo senso, Elisa Pérez Vera, a primeira reitora da universidade española e agora maxistrada do Tribunal Constitucional, aseguraba recentemente nunha entrevista concedida a Europa Press que aínda existe un número “ridículo” de representantes femininas en postos directivos, como cátedras e reitorados.
Pérez Vera, que dirixiu a UNED desde 1982 ata 1987, sinalou que desde o momento da súa elección como reitora ata a actualidade, o número de catedráticas practicamente non ten variado. “Agora as catedráticas representan o 15% do total e en 1982 o 13%. É ridículo que só teña aumentado o 2% en casi 30 anos”, concluíu.
Manifestacións estas, as de Elisa e as de Blanca, que dan conta da situación que se vive na universidade española, na que a pesares de que a presenza das mulleres é moi ampla nas licenciaturas e doutoramentos, esta vese profundamente rebaixada nos escalafóns superiores. Resulta necesario poñer o mellor de todo o sistema para evitar esta desigualdade. É importante que estas mulleres asuman as máximas responsabilidades, porque crean modelos, e porque unha universidade moderna e aberta susténtase sobre a diversidade de visións sobre o mundo.
Xa vai sendo hora de que as mulleres comecen a visibilizarse en todas as áreas e estamentos. Aínda así, hai que apostar por ter máis catedráticas, porque cheguemos ao top en todas as disciplinas. Ánimo, o momento é noso e as oportunidades támén.
ResponderEliminarCoincido con estas reflexións. Algo falla cando as mulleres son maioría nas licenciaturas e doutoramentos e a súa presencia nas cátedras é tan reducida. É unha inxustiza para as mulleres, pero tamén para a sociedade en xeral, xa que elas teñen moito que achegar, e limitar as súas capacidades vai en detrimento do progreso social.
ResponderEliminar