9 abr 2010

Os avances das mulleres na ciencia

Durante séculos as mulleres fomos silenciadas e apartadas da cultura e do saber. Con todo fomos quen de ir formándonos pouco a pouco, de ir conquistando institucións coma a Universidade e de facernos un sitio no coñecemento, grazas en boa medida ao traballo que desenvolveron científicas ocultas tras a figura dun home e que deron a coñecer o éxito dos seus traballos cedendo, en moitos casos, a súa autoría a un home.
 
Hoxe a presenza das mulleres en todos os ámbitos da sociedade é indiscutible pero quedan aínda chanzos por subir. Temos que participar máis nos núcleos de decisión e temos que formar parte das cúpulas do poder. O avance rexistrado nos últimos anos é moi significativo pero é preciso que as futuras xeracións teñan referentes e neste afán, traballos como o publicado esta fin de semana no magazine Mujer de Hoy baixo o título Científicas españolas en vanguardia dan conta de traxectorias de mulleres actuais que destacan no ámbito científico. Especial consideración merecen tamén os informes Ni tontas, ni locas e Mujer y Ciencia da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

5 comentarios:

  1. Desexo que, por fin, a USC teña unha muller Reitora.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén, pero como seña coma esta. mal vamos...

    ResponderEliminar
  3. Pois eu tamén penso que é o momento de que a USC teña unha muller reitora, e creo que Laura Sánchez Piñón ten capacidades e méritos demostrados para facelo con éxito. É unha das máis prestixiosas científicas de Galicia e figura nos listados da comunidade científica internacional con investigacións recollidas nas máis prestixiosas revistas. Así que, ¡moita sorte Laura!

    Fernando

    ResponderEliminar
  4. Laura, os que queremos unha Galicia do coñecemento estamos contigo!!!

    ResponderEliminar