2 may 2010

A ciencia como ferramenta para a cooperación


Cada domingo gústame escoitar a sección Ciencia para Curiosos do programa A vivir que son dos días da Cadena Ser. Precisamente, hai unha semana, coincidindo co Día Internacional contra a Malaria, unha enfermidade erradicada hai 60 anos en Europa, pero que aínda hoxe remata cada ano coa vida de 1 millón de persoas no mundo, realizáronlle unha entrevista a Pedro Alonso, un investigador fundamental neste eido.

Pedro Alonso leva loitando máis de 20 anos contra esta enfermidade, a través do seu traballo no Centro de Saúde Internacional do Hospital Clínic (Barcelona), e o Centro de Investigação em Saúde de Manhiça (CISM), en Mozambique, vinculado ao primeiro.

O investigador Carlos Martínez, colaborador habitual desta sección, destacou deste centro unha idea que me parece fundamental: a formación de investigadores do propio país. O CISM é "un modelo do que debe ser a colaboración co terceiro mundo", apuntou Martínez; un centro de investigación de excelencia, que proporciona formación ás persoas de alí, que se forman en Barcelona e noutros centros internacionais de referencia, e se reintegran de novo no seu país de procedencia. 

De feito, segundo explicou Pedro Alonso, na actualidade tanto o director do centro como dos seus distintos departamentos son mozambicanos cun claro compromiso co seu país.

Pedro Alonso é un científico de referencia, tanto polos seus importantes traballos como polo seu firme compromiso na erradicación desta enfermidade no continente africano. Neste senso, o desenvolvemento de vacinas é un dos eixos do traballo que dirixe. Así, desenvolveu unha primeira demostración que ten desencadeado nun ensaio de fase tres, de gran escala, involucrando a 7 países africanos e 16.000 voluntarios, que permitirá o rexistro dunha primeira xeración. Segundo afirma este investigador, é un xigantesco paso adiante, pero non será a vacina definitiva, senón que resultará necesario mellorar a súa eficacia, que calcula será de ao redor dun 50%.

Sen dúbida un traballo de máxima relevancia para a saúde mundial, e un gran exemplo de cooperación co terceiro mundo utilizando a ciencia como ferramenta. Invítovos a escoitar a entrevista aquí.

6 comentarios:

  1. Gustaríame un mundo no que o traballo desta xente fose mais valorado que os goles que poidan marcar algúns xogadores de fútbol, por exemplo, que poden chegar a cobrar máis o ano que os orzamentos que manexan estas institucións.
    Póñome a soñar...

    ResponderEliminar
  2. Interesante programa e interesantes temas abordados... unha forma proveitosa de divulgación científica!!

    ResponderEliminar
  3. Os cerebros innovan cando cooperan. Os equipos de investigación, sen embargo, deixaron de ser un modelo válido. Cunha crecente internacionalización dos recursos e dos proxectos, a apertura de estruturas e o intercambio de información é máis útil e necesario que nunca. Alédome de que compartas, Laura, esta crecente liña estratéxica para o futuro da USC.

    ResponderEliminar
  4. A USC tamén conta xa cunha experiencia en cooperación ao desenvolvemento, e debe seguir avanzando nese camiño, tanto no que se refire a transferencia de tecnoloxía, fortalecemento das institucións semellantes dos países en vïas de desenvolvemento, investigacións conxuntas e formación de técnicos cualificados. Nunha comunidade como a galega que sempre estivo tan de costas á cooperación ao desenvolvemento sería bó contar cun reitorado en Santiago sensible e que apoira liñas estratéxicas neste tema.

    ResponderEliminar
  5. Eduardo González3 de mayo de 2010, 14:17

    Ya pasó el tiempo aquel de ¡Qué inventen ellos!.
    Tienes razón Laura. Aquí también se inventa y se investiga, sólo hace falta ponerlo en valor y darles la debida publicidad que a otros les sobra

    ResponderEliminar
  6. A universidade perdeu a ocasión de ter unha reitora muller.

    ResponderEliminar