4 feb 2010
Valentes palabras, interesante conclusión
A fin de semana pasada, concretamente, o domingo, liamos nun xornal galego unha entrevista realizada a Darío Villanueva, recén nomeado secretario da RAE. As súas reflexións aportan intelixencia e unha perspectiva académica en torno ao debate social que se ten xerado en torno ás linguas. "O patrimonio lingüístico debe ser respectado e protexido. Isto é algo que non só compromete aos políticos senón tamén á sociedade civil", afirma o catedrático.
Noraboa Darío e grazas por aportar as túas interesantes e contrastadas reflexións a un tema tan importante.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Coido que as reflexións de Darío Villanueva e Laura Sánchez Piñón sobre o patrimonio lingüístico son moi atinadas nestes momentos de ruído e confusión. Coñecer a nosa lingua é o primeiro paso, o chanzo imprescindible, para aprender a valorala. A lingua é o corazón dun pobo e, se este deixa de latexar, que futuro nos agarda?
ResponderEliminarNoraboa, Laura, por ese "Decreto do Galego" (froito do consenso parlamentario, non o esquezamos) que conlevou tanto esforzo e do que agora renegan...