Crecín en Bos Aires, onde o meu pai inicioume nunha das súas grandes paixóns: o cinema, afición que aínda hoxe ocupa gran parte do meu tempo libre.
Aos 16 anos trasladeime a A Coruña, onde cursei os estudos finais de bacharelato e COU. Esta etapa marcou a miña vida profesional, xa que unha das miñas profesoras do Instituto Zalaeta espertou en min o interese e a paixón pola ciencia. A ela débolle gran parte da miña traxectoria científica.
A maior parte da miña carreira está ligada á Universidade de Santiago de Compostela, onde cursei estudos de Bioloxia, doctoreime, e na que hoxe son Catedrática de Xenética. Ademais especialiceime en distintas universidades europeas e fun EMBO Senior Fellowship no Rosalyn Franklin Centre for Genomic Research en Cambridge.
Tras unha paréntese de catro anos, nos que fun conselleira de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, cargo que me permitiu coñecer amplamente o sistema educativo galego, retornei ás aulas universitarias onde cada día intento transmitir a miña paixón pola Xenética aos alumnos das Facultades de Bioloxía e Veterinaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario