25 nov 2009

Presentación

"Son das que pensan que a ciencia ten unha gran beleza. Un sabio no seu laborario non é só un teórico. É tamén un neno colocado ante os fenómenos naturais que o impresionan como un conto de fadas". Madame Curie expresaba así a que é unha das principais razóns polas que algúns nos dedicamos a investigar: a curiosidade.

E desta forma, chea de ilusión, con ganas de descubrir o mundo, asómome a esta xanela, co obxectivo de seguir aprendendo.

Quero compartir as experiencias que ao longo dos meus case 30 anos como profesora universitaria e investigadora cosechei.

Quero falar de universidade, de docencia, de ciencia.

Pero sobre todo, quero abrir un espazo para a participación, para facer deste blog un lugar no que recoller o día a día de aqueles que coma min viven a universidade e senten que o verdadeiro futuro da sociedae está nas súas aulas.

Un foro de encontro para o debate e a reflexión que nos permita camiñar cara a universidade que todos desexamos.

Un lugar para compartir. Á fin e ao cabo isto é internet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario