Collini é crítico literario e profesor de Literatura Inglesa e Historia Intelectual na Universidade de Cambridge, ademais de autor da introdución á reedición da obra "As dúas culturas" de C.P. Snow, un traballo que despois de 50 anos segue tendo unha importante actualidade.
No artigo fai referencia a un novo sistema para o reparto do financiamento destinado a investigación nas universidades inglesas, que introduce como nova variable "o impacto".
Deste xeito, segundo afirma o artigo, os indicadores deste impacto refírense case sempre a aspectos como a creación de negocios, a comercialización de novos produtos ou procesos, ou outros aspectos como a saúde ou a mellora do "benestar social, a cohesión social ou a seguridade nacional", en definitiva, aqueles que teñen para o autor un aspecto económico, médico ou político, e que se atopan máis "próximos ao mercado".
A adaptación a estes indicadores de impacto constitúe para Stefan Collini un desastre para as Humanidades, xa que, precisamente elude o impacto xeralmente considerado máis inmediato para a relevancia do traballo na área das Humanidades: a influencia do traballo noutros estudosos e no contido da ensinanza.
Así, pon un exemplo hipotético para demostralo: supoñamos que un colega doutra universidade que é experto en poesía victoriana traballa desde hai anos nun estudo crítico que é considerado por diversos expertos como o mellor sobre o tema, e que aclara e anima á comprensión da obra deste poeta por parte doutros críticos, e a través da súa ensinanza, de futuras xeracións de estudantes, ademais de chegar a lectores interesados. Unha peza excelente na investigación en Humanidades, e porén, o seu impacto é cero.
O que chamamos Humanidades, afirma o texto, é unha recompilación de xeitos de achegarse á actividade humana na súa riqueza e diversidade. Tratar de afondar na nosa comprensión en calquera dos aspectos desta actividade é unha decidida expresión de curiosidade humana e é un fin en si mesmo.
Estou totalmente de acordo, e vou máis alá, porque a diversidade académica non se refire só ás Ciencias e ás Humanidades, senón que a variedade, a diversidade na Universidade é e debe ser unha constante, e de aí a necesidade de evitar cortar todo polo mesmo patrón. Neste senso, para atender esas diferenzas é necesario articular distintas fórmulas de valoración e financiamento.
non sabes do que falas. para ti somos un lastre ¿non?
ResponderEliminarEn absoluto, ningún científico considera menor ningunha rama do saber e moito menos o traballo dos seus homólogos.Creo que no texto deixo moi claro que non considero, nin xamais considerei, as Humanidades un lastre, senón todo o contrario.
ResponderEliminarCircula por ahi, sen embargo que vd. declarou publicamente durante a sua etapa como Conselleira que as Humanidades SEMPRE serian un lastre para a Universidade. Por favor, aclare este particular xa que a acusación é moi grave.
ResponderEliminarQue pensas do cambio de nome do campus sur a campus vida???
ResponderEliminarRepito que todo o contario. Valoro o papel fundamental que as Humanidades teñen no progreso social, e non podo estar máis de acordo co texto ao que me refiro nesta entrada do blog. As Humanidades teñen un impacto importantísimo na sociedade e nos individuos.
ResponderEliminarQuero intervir, pola miña profesión vinculada ás artes, para manifestar publicamente que durante a etapa de Laura Sánchez Piñón ao frente da Consellería de Educación, as ensinanzas artísticas (artes plásticas, deseño, música e arte dramática) coñeceron un despertar e un recoñecemento institucional como nunca ata o de entón tiveron. A sensibilidade da Sra. Sánchez Piñón ante a "cenicienta" do sistema educativo fixo que os estudos de Moda ou os do Jazz, por non decir todo o ensino de Interpretación actoral tiveran unha implantación digna e decidida. Por certo, para Anónimo, non entra dentro das humanidades a especialidade de Musicoloxía implantada no Conservatorio Superior de Vigo durante esa etapa?
ResponderEliminarEn relación ao Campus Vida, é certo que moitos consideran que o cambio de denominación do Campus Sur se fixo demasiado rápido e sen consolidarse o proxecto Campus Vida, pero cabe sinalar que este é un proxecto que nos sitúa á par de importantes universidades españolas, xa que das 52 existentes, somos das poucas recoñecidas con esta iniciativa. Das tres galegas somos a única e deberiamos aproveitar isto para sacarlle o maior rendemento e trasladar a experiencia a outros ámbitos de investigación. Crea Futuro, o proxecto que eu lidero, proponse traballar en proxectos semellantes que afectan a outras áreas do coñecemento e que tamén prestixiarán a USC converténdoa nun referente para institucións do contorno nacional e internacional.
ResponderEliminarParece que na actualidade galega hai moitas/os interesados en desinformar sobre a política educativa desenvolvida pola Sra Sánchez Piñón e e seu equipo da Consellería de Educación. Poderíanse sinalar moitos avances, só citarei dous relacionaddos con ámbito das Humanidades. En Escolas Oficiais de Idiomas empezouse a impartir tanto o xaponés como o chinés, e os centros que imparten este nivel educativo pasaron de 12 a 29. No mundo da Música o Bacharelato Artístico empezou a impartirse en Conservatorios Profesionais, casos de Vigo e Coruña.
ResponderEliminar