O meu amigo Manolo Bermejo fíxome chegar esta selección de fotos de Santiago con neve, acompañadas dunha suxerente música.
¡Anímovos a disfrutar doutra perspectiva da cidade!
15 feb 2010
11 feb 2010
Investigación fundamental nas universidades
Richard C. Levin, reitor da Universidade de Yale, unha das mellores universidades investigadoras dos Estados Unidos, pronunciou recentemente unha conferencia na que fixo unha apaixoada defensa do rol das universidades no desenvolvemento de investigación fundamental e da xeración de coñecementos non ligados a obxectivos económicos a curto prazo.
Na súa intervención subliñou así mesmo que este tipo de investigacións teñen que ser financiadas polos gobernos, xa que, ao non producir beneficios económicos a curto prazo, as empresas carecen de incentivos para acometelas.
Non podo estar máis de acordo co exposto por Levin, que ademais cita entre outros argumentos a favor da súa tese o que para min constitúe o informe máis importante na política científica mundial nos últimos 60 anos: “Science: The Endless Frontier”, de Vannevar Bush, que deseñou e puxo en marcha o sistema de I+D pública estadounidense na segunda metade do século XX, cos resultados de todos coñecidos.

9 feb 2010
As claves están na ciencia e a universidade
Quero recomendarvos a lectura dunha entrevista publicada esta fin de semana ao político e intelectual inglés, Christopher Patten, actual reitor da Universidade de Oxford -pero que tamén o foi de Newcastle- na que fai unha interesantísima reflexión das claves do poder económico de Estados Unidos. Para el, as bases da situación do primeiro país do mundo están na investigación e na universidade e destaca que das 50 mellores universidades, 42 están en Estados Unidos. Ademais, subliña a capacidade deste país para atraer forza intelectual doutros continentes. "O 75% dos traballos e ensaios científicos de Estados Unidos son escritos por estranxeiros", afirma.
Moitos de nós xa nos demos conta das enormes potencialidades da universidade e da investigación pero nunca sobran opinións e reflexións que avancen neste camiño.
4 feb 2010
Valentes palabras, interesante conclusión
A fin de semana pasada, concretamente, o domingo, liamos nun xornal galego unha entrevista realizada a Darío Villanueva, recén nomeado secretario da RAE. As súas reflexións aportan intelixencia e unha perspectiva académica en torno ao debate social que se ten xerado en torno ás linguas. "O patrimonio lingüístico debe ser respectado e protexido. Isto é algo que non só compromete aos políticos senón tamén á sociedade civil", afirma o catedrático.
Noraboa Darío e grazas por aportar as túas interesantes e contrastadas reflexións a un tema tan importante.
30 ene 2010
Nada mellor que escribir nun encerado
Andrea Goldsmith, catedrática de Enxeñería Electrónica na Universidade de Stanford (EE UU), é capaz de imaxinar autopistas intelixentes nas que os condutores non teñen que conducir e non hai accidentes, microchips que se insiren no corpo para facer seguimento a distancia dunha doenza, ou os teléfonos móbiles de dentro de 30 anos. Di a catedrática nunha entrevista publicada hoxe en El País que “se es visionario, os avances técnicos chegan antes”.
Pero a pesares desta vocación por anticipar o futuro, Goldsmith insiste en que tampouco hai que rexeitar sen máis o que temos aprendido e funciona. Neste senso, pon como exemplo da súa experiencia como profesora universitaria que por moito que haxa que repensar como e que se ensina e como se poden aproveitar as novas ferramentas, hai ocasións nas que aínda non ten “atopado nada mellor que escribir nun encerado”.
Gústame esta afirmación porque esa é tamén a miña experiencia. O contacto persoal, a capacidade de transmitir coñecementos e emocións na aprendizaxe, o vínculo que se crea entre o profesor e os alumnos, nunca poderá ser substituído por unha máquina, e todo iso tamén se transmite e é unha peza clave na formación das persoas.

Os videoclips como ferramenta de divulgación cientifica
A través do blog Observatori 2.0, que vos invito a visitar, atopei un interesante exemplo de divulgación científica mediante videoclips. O autor é o grupo estadounidense They Might Be Giants, que naceu en 1982 como banda de rock independente, pero que na actualidade está moi orientado á divulgación científica e ambiental. Na súa canle de YouTube podedes atopar varios vídeos do grupo. Aquí vos deixo o que máis me gustou.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)