El Progreso fíxome hai uns días unha entrevista que podedes ver aquí.
19 ene 2010
18 ene 2010
As zapatillas da Zarina
Quero facervos un regalo. Déixovos para o voso deleite un fragmento da obra “As zapatillas da zarina”, de Chaikovski, que recentemente tiven a oportunidade de admirar na Royal Opera House de Londres.
Este vídeo é só un tráiler (ben fermoso por certo) a modo de presentación do espectáculo que acolleu a Ópera, pero creo que é un apetitoso anticipo do que alí se puido ver: unha cautivadora obra do xénero cómico-fantástico baseada nun conto de Nicolai Gogol.
A composición combina ópera e ballet, e para esta representación contou cunha espectacular montaxe, que alternaba elementos contemporáneos e clásicos, e uns vestiarios fascinantes.
Chaikovski ten poucas óperas representadas, e esta montaxe era unha estrea no formato ópera-ballet.
Espero pois que o disfrutedes.
15 ene 2010
Noraboa a Ángel Carracedo e o seu equipo
Quero desde ese foro trasladar a miña máis sinceira noraboa ao grupo de investigación dirixido polo gran científico Ángel Carracedo polo seu importante descubrimento que veu a luz en días pasados e que xa forma parte das páxinas de Nature Genetics.
Con investigacións como esta a ciencia en Galicia avanza a pasos axigantados e ocupa un lugar propio en niveis internacionais.
Como científica compañeira na USC, é un luxo compartir contigo, Ángel, a ilusión e a curiosidade pola nosa grande paixón: a xenética. Noraboa e estou segura de que che esperan outros importantes descubrimentos cos que asombrar á comunidade internacional.
Podedes saber máis aquí.
13 ene 2010
Traballo en equipo
Pregunta: ¿O traballo de equipo axuda?
Resposta: Claro. Comigo está xente desde hai 30 ou 40 años. As nosas reunións parecen partidos de pimpón. Nin nos acordamos quen di que, o noso é un proceso colectivo. Xeramos tanta carga que despois, basta un movemento da man, unha engurra na folla, para que naza un boceto."
Renzo Piano, arquitecto creador do Beaubourg de París
Suplemento Babelia
Excelente reflexión do traballo en equipo, real como a vida mesma...
Resposta: Claro. Comigo está xente desde hai 30 ou 40 años. As nosas reunións parecen partidos de pimpón. Nin nos acordamos quen di que, o noso é un proceso colectivo. Xeramos tanta carga que despois, basta un movemento da man, unha engurra na folla, para que naza un boceto."
Renzo Piano, arquitecto creador do Beaubourg de París
Suplemento Babelia
Excelente reflexión do traballo en equipo, real como a vida mesma...
11 ene 2010
Divulgando ciencia
Interesante entrevista a publicada onte en El País Semanal ao catedrático de matemáticas en Oxford, Marcus du Sautoy; interesantes reflexións científicas en torno a esta ciencia e interesante personalidade a deste profesor... Resulta á súa vez especialmente importante o traballo que desenvolve na BBC como divulgador científico, o seu programa The Royal Institution Christmas Lectures foi visto nada máis e nada menos que por un millón de espectadores. Estou segura que a súa experiencia é digna de ser coñecida en primeira persoa e sería interesante poder contar con el nalgunha das iniciativas de divulgación que promove a nosa universidade.
Anímovos a que xulguedes por vós mesmos na páxina de El Pais
7 dic 2009
A ciencia do futuro
Quero compartir convosco os contidos abordados este luns nunha xornada á que asistín na Universidade de Oxford baixo o título Applying Knowledge Management: the science of the future. Resultou ser moi interesante, xa que propuña xuntar a ciencia, a experiencia da empresa, e de organismos gobernamentaise non gobernamentais, para discutir os retos da ciencia do futuro nun contorno diferente ao habitual.
Por exemplo, unha das asistentes era unha alemá que traballaba para unha organización europea que desenvolve o Airbus; outro era da Unesco, nacido en Uganda, e traballaba en Liberia para desenvolver proxectos educativos; outro era un físico de Oxford que traballaba para un banco en Londres deseñando novas aplicacións informáticas; outro era dunha Fundación de Qatar para o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía... aplicacións prácicas da ciencia que se fan nos laboratorios.
Falouse sobre todo dos novos retos: cambio climático, problemas médicos do futuro, novos medicamentos, respostas ante catástrofes naturais, a reforma sanitaria en US, etc.
Foi realmente moi interesante e práctico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

